8 de novembro de 2025

Programa de Extraescolares Común cos coles de Moaña




 Programa de Extraescolares Común cos coles de Moaña


Gracias a este novedoso programa todos os socios e socias poderán asistir as actividades extraescolares de todos os centros de Moaña, sen ter que pagar nada mais que a mensualidade da actividade.

Tedes toda a información no cartaz, pero para calquera dúbida podedes contactar con nos no email: anpamadreboa@gmail.com






 

10 de setembro de 2025

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 25/26


 

Boas Familias,

Un ano mais estamos a traballar para ofertar un amplo abanico de actividades extraescolares, coas que os nenos/as esten a gusto e as familias poidan conciliar.

Como xa ven sendo habitual, ofertamos actividades extraescolares ata as 18h, para favorecer a conciliación familiar.

Incluimos unha pequena descripción sobre os beneficios que aportan e sobre en que consisten  as actividades ofertadas.

Adxuntamos tamén o diptico informativo das actividades extraescolares e a información para facerse socio da Anpa, xa que é requisito para poder participar nas mesmas.

As actividades que se ofertan son as seguintes:

Tenis de Mesa

  • Descrición: Un deporte de raqueta para dous ou catro xogadores que golpean unha pelota lixeira sobre unha mesa dividida por unha rede.

  • Beneficios: Mellora a coordinación óculo-manual, os reflexos e a concentración. Promove a axilidade e a toma de decisións rápida.

  • Impartida por: Cinania TM

  • Custo: 25€ (1 dia) --  40€ (2 días)

  • Duración: 1h

Balonmán

  • Descrición: Un deporte de equipo onde dous conxuntos de sete xogadores pasan un balón para lanzalo á portería do equipo contrario.

  • Beneficios: Fomenta o traballo en equipo, a coordinación, a forza e a resistencia. Axuda a desenvolver a intelixencia táctica.

  • Impartida por:

  • Custo: Gratuita

  • Duración: 1h

Fútbol

  • Descrición: Deporte de equipo onde dous conxuntos de once xogadores tentan marcar goles nunha portería. Xógase con todo o corpo excepto as mans.

  • Beneficios: Mellora a capacidade aeróbica, a coordinación motora e o equilibrio. Ensina valores como a colaboración, a disciplina e o fair play.

  • Impartida por: Alondras F.C

  • Custo:  10€

  • Duración: 1h

Ximnasia Acrobática

  • Descrición: Disciplina que combina elementos de danza, ximnasia e acrobacias en parella ou grupo.

  • Beneficios: Desenvolve a forza, a flexibilidade e o control corporal. Fomenta a confianza mutua e a coordinación con outros.

  • Impartida por: Club Flic-Flac

  • Custo: 20€

  • Duración: 1h

Loita

  • Descrición: Deporte de contacto que implica técnicas de agarre, lanzamento e control do opoñente.

  • Beneficios: Incrementa a forza física, a disciplina e o respecto polo adversario. Mellora a autoconfianza e a xestión do estrés.

  • Impartida por:

  • Custo:  13h

  • Duración: 1h

Voleibol

  • Descrición: Deporte de equipo onde dous grupos de seis xogadores tentan pasar un balón por riba dunha rede para que toque o chan no campo contrario.

  • Beneficios: Axuda a mellorar a coordinación visual, os reflexos e a axilidade. Fortalece o traballo en equipo e a comunicación.

  • Impartida por: Club Voleibol Maniotas

  • Custo:  15€

  • Duración:  1h

Datchball

  • Descrición: Un xogo de equipo similar ao balón prisioneiro, pero sen eliminacións, o que permite que todos os xogadores participen continuamente.

  • Beneficios: Promove a inclusión, o xogo cooperativo e a estratexia. Mellora a coordinación e a rapidez.

  • Impartida por: Felipe

  • Custo: 10€

  • Duración: 1h

Patinaxe

  • Descrición: Actividade que consiste en desprazarse sobre rodas ou coitelas de xeo. Pode ser recreativa ou deportiva.

  • Beneficios: Desenvolve o equilibrio, a estabilidade e a coordinación. Mellora a resistencia e a confianza en si mesmos.

  • Impartida por: 

  • Custo:  18€

  • Duración: 1h

Baloncesto

  • Descrición: Deporte de equipo no que dous grupos de cinco xogadores tentan anotar puntos introducindo un balón na canastra do equipo contrario.

  • Beneficios: Mellora as habilidades motoras, o equilibrio e a axilidade. Fomenta o traballo en equipo e a resiliencia.

  • Impartida por: C.B. Redeiras

  • Custo: 15€

  • Duración: 1h

Taekwondo

  • Descrición: Arte marcial de orixe coreana que se centra en técnicas de puño e patada.

  • Beneficios: Ensina disciplina, respecto e autocontrol. Mellora a concentración, a elasticidade e a forma física.

  • Impartida por:Hebe Club Taekwondo

  • Custo: 18€

  • Duración: 1h

Tricking
  • Descripción unha disciplina que mestura acrobacias, artes marciais e ximnasia. 

  • Beneficios: Axuda a gañar confianza, paciencia e disciplina. Fomenta a creatividade e a expresión persoal ao crear novas combinacións de movementos.  Aumenta a forza, a flexibilidade, o equilibrio e a resistencia.
  • Impartida por:Hebe Club Taekwondo

  • Custo: 18€

  • Duración: 1h


Actividades Artísticas e Culturais

Baile Galego, Gaita e Percusión, Canto e Pandeireta

  • Descrición: Conxunto de actividades que se centran na música e a danza tradicionais de Galicia.

  • Beneficios: Reforza o coñecemento da cultura propia, a coordinación e o sentido do ritmo. Fomenta a socialización e o traballo en grupo

  • Impartida por: A.C. Peis D´Hos

  • Custo:  16€

  • Duración:  1h


Fun English

  • Descrición: Os máis pequenos descubrirán o inglés dunha forma lúdica e divertida.  O noso obxectivo é que se familiaricen co idioma e que lles colla o gusto para seguir aprendendo no futuro.

  • Beneficios: A través de xogos, cancións e contos, os nenos e nenas aprenderán vocabulario e expresións básicas de forma natural, sen que lles resulte unha obriga.

  • Impartida por: A.C.Vagalume

  • Custo: 15€

  • Duración: 1h



Baile Moderno

  • Descrición: Unha forma de expresión artística que combina diferentes estilos de danza contemporánea, como o hip-hop ou o jazz.

  • Beneficios: Mellora a flexibilidade, a expresión corporal e a confianza. É un gran xeito de liberar enerxía e creatividade.

  • Impartida por: Aridanza

  • Custo: 16€

  • Duración: 1h

Teatro

  • Descrición: Actividade artística onde os nenos representan personaxes e historias.

  • Beneficios: Desenvolve a expresión verbal e corporal, a empatía e a improvisación. Axuda a superar a timidez e mellora a memoria.

  • Impartida por: A.C.Vagalume

  • Custo: 15€

  • Duración: 1h

Música e Movemento

  • Descrición: Actividade de estimulación musical e psicomotora onde os nenos aprenden a recoñecer ritmos e a moverse libremente.

  • Beneficios: Axuda a desenvolver o sentido do ritmo, a coordinación e a escuta activa. Estimula a creatividade e a imaginación.

  • Impartida por: A.C. Peis D´Hos

  • Custo:  16€

  • Duración:  1h

Taller Creativo

  • Descrición: Espazo onde os nenos poden experimentar con materiais e técnicas artísticas diversas para crear as súas propias obras.

  • Beneficios: Fomenta a creatividade, a motricidade fina e a paciencia. Mellora a resolución de problemas e a autoestima.

  • Impartida por: EducaOcio Animacion Sociocultural

  • Custo:  23€

  • Duración: 1:30h

Cociña

  • Descrición: Actividade na que os nenos aprenden a preparar receitas de forma divertida e segura.

  • Beneficios: Ensina a seguridade na cociña e nutrición básica. Fomenta a autonomía, a responsabilidade e o traballo en equipo.

  • Impartida por: Ollos Abertos, S.C.

  • Custo: 18€   --  22€

  • Duración: 1H --1:30H


Actividades de Lóxica e Estratexia

O Recuncho Científico

  • Descrición: Espazo dedicado a experimentar e aprender ciencia de forma lúdica, a través de experimentos sinxelos e talleres interactivos.

  • Beneficios: Desperta a curiosidade e o pensamento crítico. Ensina a resolución de problemas e o método científico.

  • Impartida por: Ollos Abertos, S.C

  • Custo: 21€

  • Duración:1h

Robótica

  • Descrición: Programa o teu robot e dalle vida co Scratch. Aprende a pilotar drons e superar os retos no aire Actividades prácticas con acompñamento educativo.

  • Beneficios: Desenvolve o pensamento lóxico, as habilidades de enxeñaría e a resolución de problemas. Fomenta o traballo en equipo e a creatividade.

  • Impartida por: Alberto

  • Custo: 15€

  • Duración: 1h

Club de Lectura Manga

  • Descrición: Grupo onde os nenos len e discuten sobre cómics xaponeses (manga).

  • Beneficios: Fomenta o gusto pola lectura, a expresión oral e a comprensión lectora. Axuda a socializar e a compartir intereses.

  • Impartida por: Quenlla Comics

  • Custo: 15€

  • Duración: 1h


Xadrez

  • DescriciónÉ un xogo de estratexia e lóxica no que cada xogador planifica os seus movementos para defender as súas propias pezas e atacar as do rival.

  • Beneficios: O xadrez mellora a memoria, a concentración e o pensamento lóxico. Os nenos aprenden a analizar problemas e a buscar solucións de forma estruturada. Os nenos aprenden a pensar nas consecuencias das súas accións e a tomar decisións con confianza.O xogo ensina a ser paciente, a agardar a quenda e a concentrarse nunha tarefa. 
  • Impartida por: AjedrezFacil
  • Custo: 28€

  • Duración: 1.30h


Xogos de Mesa

  • Descrición: Actividade onde se xoga a diferentes xogos de mesa.

  • Beneficios: Mellora a estratexia, o pensamento crítico e a toma de decisións. Ensina a aceptar a vitoria e a derrota e a seguir regras.

  • Impartida por: Quenlla Comics

  • Custo: 15€

  • Duración: 1h




Acceso formulario para inscrición nas actividades e como soci@ da Anpa.





4 de maio de 2025

Normas XXXV Cross Escolar e Popular Ceip Plurilíngüe Tirán

 





Normas para un bo desenrolo do XXXV Cross Escolar e Popular Ceip Tirán:


  1. Non se permite que as nais/pais corran cos participantes durante o transcurso das carreiras. Excepto na carreira de Olimpicos, na cal podrán. acompañar os participantes sempre sen empurrar, arrastrar ou lebar en brazos.


  1. Un mesmo corredor podrá participar en todas as carreiras que queira ainda que só optará ao premio que lle corresponda pola súa categoría (según o ano de nacemento).


  1. Na saída “B” instalarase unha zona “Cámara de chamadas vallada” en donde se deixarán os participantes alí para a concentración antes do hora de saída da sua carreira.

(Pitufos 4 / Pitufos 5 / Minibenxamin / Benxamin).