Boas tardes, familias:
Este venres, día 29 de Setembro, farase a reunión de comenzo
de curso, entre as familias e a Anpa, ás 16h no Colexio. Esperamos a vosa
asistencia.
Xa estamos ao pé do cañón outra vez, para traballar para os
nosos nenos/as. Acabamos de comenzar o curso escolar 2017/2018, e xa toca por
en marcha as actividades promovidas pola Anpa Madreboa, en colaboración co
Colexio.
Neste punto, gustaríanos lembrar a todas as nais e pais a
importancia de colaborar coa Anpa. Todos temos algo en común, que é que
todos/as, queremos o mellor para os nosos fillos/as; e todos nós, temos moito
para aportar: colaboración coas actividades propostas, suxerencias de
actividades, ideas para mellorar…todo é necesario.
Si formamos un grupo de traballo, poderemos realizar máis
cousas, porque, cando non poidan uns, poderán outros, e será máis doado.
Achegádevos ao cole, ás reunión, participade na medida que
poidades, formade parte da Anpa…queremos ser moitos membros!!! Esperamos darvos
a benvida a moitos nos próximos días.
Vémonos o venres ás 16h no Colexio!
Un saúdo.
Anpa Madreboa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario