29 de novembro de 2017

Comunicado da Anpa

Estimadas familias:

Xa casi estamos no Nadal. Sabemos que é unha data moi agardada por todas as familias, sobre todo, polo que disfrutan os nosos nenos/as. 

Dende a Anpa xa estamos a traballar para a festa deste ano, en colaboración co Colexio.
Remata xa o primeiro trimestre, e como xa é habitual, non deixamos de traballar para os nenos, dende o comezo do curso.

Este ano, temos proxectos novos, e mantéñense os que xa había e as tradicións.
Dende o mes de Outubro, temos as diferentes actividades extraescolares, con grande demanda. Actividades deportivas, culturais, lúdicas, culinarias, académicas…Que o alumnado  poida atopar e desenrolar con elas, todas as súas inquedanzas e preferencias.

Tamén facilitamos roupa escolar, cos logotipos do noso cole, como xa viña sendo habitual.
Constituíuse un proxecto novo “ A Brigada Verde”. A idea é concienciar aos nenos/as da importancia de coidar o noso espazos naturais. Para iso, retomouse o tema do invernadoiro e xa se fixeron un par de intervencións na escola e no seu entorno. Algunhas familias voluntarias, estivemos a traballar no acondicionamento dos espacios verdes do colexio.

Dentro deste proxecto, xurdiu unha iniciativa, en colaboración coa AAVV O Pegho, de Tirán, e no mes de Novembro, convocouse a “Andaina de Luces e Sombras”, polo Monte dos Remedios, onde poidemos disfrutar das lendas populares da comarca, de datos novos sobre a natureza, a cargo dunha veciña bióloga, e a inestimable colaboración dun arqueólogo, tamén veciño de Tirán, que nos amosou a temática interesantísima dos petroglifos que temos pola zona.

Na festa do Samaín/ Halloween, , traballamos moitísimo, para conseguir nuns poucos días, converter a nosa  “ Milla da Curuxa”, nunha “ Milla do Terror”. Grazas a colaboración das familias e ao Cole, pola axuda, especialmente ao profe Felipe e ao profe Marcos, que dinamizaron moito ao alumnado.
Chegou tamén o Magosto, e un ano máis a Anpa aportou castañas e traballo para que os nenos/as e as familias poideran disfrutar desta tradición do outono.

E como non todo son Festas, paralelamente a organizalas, temos varios frentes abertos  tamén, para exisir melloras urxentes en distintos espazos do colexio. Para iso, estamos recadando información e fotografías, para facer un escrito o máis completo posible e presentalo ás administracións competentes nun prazo de tempo moi breve.

Lamentablemente, a nosa vontade e ilusión, non sempre vai da man das colaboracións que nos gustaría ter. Ogallá houbera máis familias implicadas activamente no colexio. Sabemos que é moi difícil a conciliación nestes temas, pero non sempre é cuestión de acudir ao cole para axudar. Todas as colaboracións son válidas: ideas, propostas, man de obra dende a casa, información… No que vai de curso escolar, 112 familias pagaron a cuota de socios da Anpa. Estes cartos son cos que contamos para facer miles de cousas, e como xa sabemos todos, non son suficientes para todos os proxectos que nos gustaría por en marcha. As veces, temén nos atopamos con outro tipo de osbtáculos, que son polas xestión que se fan dende o propio centro, e as administracións.

Non debemos esquecer que a Anpa é unha asociación de nais e pais, que representan e velan polos intereses dos nosos fillos. Se non actuamos, se non seguimos de perto toda a problemática que acompaña o seu camiño na escola, non estamos a contribuir a que melloren as cousas. Creemos que un traballo xuntos, é moito máis productivo e eficaz, que se cada un vai por libre. Queremos facer as mellores festas, iso sen dúbida, pero tamén queremos ser os primeiros en todo, en educación , en iniciativas, en seguridade no colexio, en valores de cooperación, en protestar e pedir que se cumplan os dereitos dos nosos fillos e os nosos, como Anpa e, como representantes deles.

Atentamente

 Anpa Madreboa

Ningún comentario:

Publicar un comentario