13 de maio de 2022

COLABORADORES DO XXXII CROS DE TIRÁN 2022

 O Cros de Tirán é un clásico que se leva facendo moitísimos anos, de feito, moitos e moitas dos que estamos hoxe organizando, xa corremos moitas veces eses percorridos, ademais de axudar (ou molestar) aos nosos pais e nais mentres facían bocadillos ou entregaban medallas... 

Cada un destes anos o cros levouse a cabo porque o comercio local, o noso, apoiou sen condicións e facendo un esforzo esta iniciativa deportiva. 

Este ano, a pesar da pandemia ou a crise, responderon como nunca e non podemos estar máis ca agradecidos e agradecidas. Grazas a eles e elas o domingo os máis pequenos, e os maiores tamén, poderán disfrutar do cros. 

DESDE A ANPA MADREBOA SÓ PODEMOS DICIR GRAZAS, GRAZAS E MÁIS GRAZAS. 

APOIA O COMERCIO LOCAL MOAÑÉS!!!














Ningún comentario:

Publicar un comentario