10 de xuño de 2022

40 Edición da Olimpíada Escolar de Moaña

 Este sábado día 11 de xuño celebramos a 40º edición das Olimpíadas Escolares do Concello de Moaña

Ás 9:30h sairá un desfile (con abandeirados e todo!!) desde o Concello ata as pistas de atletismo da Xunqueira. Recordade ir chegando con tempo para organizar o desfile (10 ou 20 minutos antes). Organízase por orde alfabética, así que nos toca ir en terceiro lugar. 

Os dorsais recóllense media hora antes de cada proba, na propia secretaría da proba.

Na Olimpíada haberá un posto de cada ANPA para información, merendas e o que necesitedes, así que buscade o posto da ANPA Madreboa se necesitades calquera cousa.  Teremos os seguintes carteis alí para identificarnos:



Ningún comentario:

Publicar un comentario