1 de abril de 2023

Colabora co Cros de Tirán, polos nenos e nenas de toda a comunidade educativa!!

 Desde a Anpa Madreboa loitamos moito para que os nenos e nenas do cole e da comunidade educativa local poidan disfrutar das actividades que organizamos. Unha das máis importantes é o cross, xa que une deporte e diversión nun día cheo de emocións e ilusión. Para poder levalo a cabo fan falta uns recursos económicos que a asociaicón non ten, polo que sempre traballamos moito para conseguilo. Este ano decidimos non abusar do pequeno comercio, porque sempre nos axudan moito e cada vez o pasan peor para poder doar, desde aquí agradecemos a súa axuda e defendemos o pequeno comercio local!!

Polo tanto tivemos que darlle ao cerebro para poder solucionar o tema da financiación... e aquí estamos, pedindo colaboración a través dunha campaña de crowfunding, onde todos e todas podemos facer unha pequena achega e continuar así co noso cros, un evento clásico da nosa contorna que sería unha mágoa perder. 

Anímate e colabora, co que poidas!! Todo é máis ca benvido!! 💜   

https://gofund.me/b135bd9a








Ningún comentario:

Publicar un comentario