NOVA ACTIVIDADE:  IOGA
Temos a oportunidade de sacar adiante
clases de IOGA, serían os MARTES de 4-5 da tarde, comezarían o 4 de Febreiro, impartidas
por unha especialista do Centro de Ioga Narayan.
O PREZO  sería de 
10€  para socios da ANPA, e o
resto 15€. 
Precisamos xuntar un grupo, tódalas
familias interesadas deberán poñerse en contacto coa ANPA no número 607989419, antes do próximo 31 de Xaneiro.
Lembramos os beneficios do Ioga:
 A práctica do Ioga ensina aos nenos técnicas de respiración e relaxación para
facer fronte ás situacións de tensión que se presentan na escola, na casa ou
con amigos promovendo en todo momento a saúde física, mental e unha actitude
positiva cara ao exercicio. Os nenos que practican Ioga
teñen máis facilidade para ser persoas seguras, e mellorar o seu nivel de
autoestima. O ioga axúdaos a relaxarse e a coñecerse a si mesmos. É
especialmente beneficioso para os nenos máis nerviosos, axúdalles a canalizar a
súa enerxía a súa ansiedade e o medo, pois tranquilizanos,
ademais de mellorar o seu estado de ánimo, mellora as condutas agresivas.  Axúdaos a concentrarse, moi beneficioso para o
seu proceso de aprendizaxe. Dende o punto de vista corporal, dálles
flexibilidade e elasticidade, e axúdaos a desenvolver destrezas motoras. 
O
traballo de respiración do ioga e a meditación axudan aos nenos a enfocarse e
tomar mellores decisións nas súas vidas.  Moitas escolas que teñen programas de ioga
informan das melloras, e actitudes destes nenos.
Ademais
a práctica do ioga é unha actividade para os nenos moi divertida, pois moitas
das posicións imitan a diferentes animais o que pode encantar aos máis pequeniños. 
NOVIDADES EN XOGANDO COA MÚSICA
A partir de
Febreiro, na actividade de xogando coa música, impartiránse clases de pandereta
para nen@s a partir de 3 anos.
Tódalas
aquelas familias interesadas deberán ponerse en contacto coa ANPA no 607989419
antes do próximo 31 de Xaneiro.
Directiva ANPA MADREBOA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario