Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións

31 de marzo de 2020

Axudas comedor COVID-19

Con motivo da actual situación que estamos vivindo, onte saíu no DOG a seguinte orde para as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

Se pinchades na imagen podedes ver e descargar o pdf completo incluidos os impresos de axudas extaordinarias.


Un saudo a todos, e moito ánimo!!! 



Un saudo a todos, e moito ánimo!!! 



28 de decembro de 2016

Panxoliñas


Hai momentos que xa quedarán na historia do noso cole.
Felices festas a todos. 




15 de novembro de 2016

Cantamos??

A rede está chea de material fantástico...mirade que vídeos tan chulos atopamos para mirar, cantar e bailar cós peques...Somos ou non somos un cole plurilingüe??







                                         

19 de outubro de 2016

Reinventar a educación


O cerebro do neno non  pode deixar de aprender. Quizá por íso, moitos alumnos non son capaces de seguir o ritmo das clases, porque o seu cerebro evádese e escápase dunha situación na que non está sentindo que está a aprender algo.

Ó pensar en novas formas de estudio, existe un medo xeneralizado á esquecer os valores importantes coma o esforzo ou a disciplina. Cando na realidade, o que estamos facendo é unha revisión deses valores. Hai algo mellor que o esforzo e a disciplina e son: o esforzo voluntario e a autodisciplina.

Interésanos que os nenos aviven tanto a súa posición innata para aprender, que eles mesmos sexan o motor do seu esforzo e de esa disciplina.

Utópico??? Non, científicamente demostrado

https://es.khanacademy.org/



3 de outubro de 2016

Altas capacidades intelectuales e superdotación infantil


...porque non todos os nenos son iguais, imos dedicarlle agora un breve espacio para explicar que é isto que tanto se fala das altas capacidades...preséntovos un videodunha media hora...igual hai algún pai ou nai que lle resulta do seu interés




30 de setembro de 2016

Nota informativa


INFORMAMOS

1.Informamos que a próxima semana a DXT virá a impartir as charlas sobre seguridade vial. Asi que, necesitamos que todo-los pais que poidan,  levan o lúns día 3 o cole unha bicicleta (con rodíns ou sen eles) ou un triciclo. As bicis e triciclos deben levar o nome do alumno para poder recollelas o xoves. Durante este tempo será gardada no ximnasio e usado sólo para este fin. O martes 4 e mércores 5 terán que levar cada un o seu casco da casa para facelo circuito( e mellor que lle poñades nome o casco tamén)





2. Debido a petición dos pais amplíase o prazo para pagar a roupa e pedíla ata o 12 de outubro. Día que faremos o pedido para poder ter a finales de este mes a roupa e repartila


30 de marzo de 2016

Enterro da Xoubiña 2016





Pasados a resaca do Entroido, aquí vos deixo un pequeno resumo do que foi aquela tarde. Faltan moitos pero non por iso deixan de ser importantes.

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración. Sen os nenos e as súas familias isto non sería posible.

29 de marzo de 2016

Cross de Tirán 2016


INFORMAMOS

Convocase unha reunión cos pais para este venres 1 de Abril ás 16:00H para empezar a preparar o cross do colexio que terá lugar o domingo 8 de maio. Por favor intentar asistir, necesitamos a vosa axuda para poder lévalo a cabo.

Esperámosvos!!!

ANPA MADREBOA


anpamadreboa@hotmail.com

anpamadreboa.blogspot.com

4 de febreiro de 2016

In the Jungle, the mighty jungle...


in the jungle, the mighty jungle
the lion sleeps tonight

in the jungle, the mighty jungle
the lion sleeps tonight

Near the village, the peaceful village
the lion sleeps tonight
near the village, the peaceful village
the lion sleeps tonight

Hush my darling, don't fear my darling
the lion sleeps tonight
hush my darling, don't fear my darling
the lion sleeps tonight


el rey leon - el ciclo de la vida


Vouvos adiantando o que imos bailar na Xoubiña




Desde el día en que al mundo llegamos 
y nos ciega el brillo del sol. 


Hay más que mirar, 
donde otros sólo ven, 
mas que alcanzar en lugar de soñar. 



Son muchos más los tesoros 
de los que sí podrán descubrir. 



Y bajo el sol protector 
con su luz y calor 
aprender todos a convivir. 



En un ciclo sin fin. 
Que lo envuelve todo. 
Y aunque estemos solos 
debemos buscar. 
Y así encontrar 
nuestro gran legado. 
En el ciclo, 
el ciclo sin fin. 



............. 
............. 



Es un ciclo sin fin. 
Que lo envuelve todo. 
Y aunque estemos solos 
debemos buscar. 
Y así encontrar 
nuestro gran legado. 
En el ciclo, 
el ciclo sin fin.











Hakunamatata....que bonito es vivir



Pois aquí xa estamos preparadiños para saires o entroido. 
Máscaras, paus, teas, tambores...a Selva ponse en pé ...
os leóns, as cebras, os loros, os camaleóns...
todiños dispostos a cantar...
Hakunamatata!!!!

Hakunamatata - Kizoa Movie Maker

21 de xaneiro de 2016

E así rematamos ó ano... Feliz 2016

E así rematamos o ano...
Cheiños de ilusión, de esperanzas, con ganas de mellorar as cousas
Cheiños de saber, de sonrisos, de apertas, de bicos...
Cheiños de amigos e de experiencias...
Cheiños de cantos e de sorpresas
Cheiños de ganas de voar coma as nosas cometas...
Graciñas Reis Magos que nunca vos olvidades de nós



Nadal 2015 - Kizoa Movie Maker

Magosto 2015

Aínda que tarde, aquí vos mando un pequeniño resume do que foi o Magosto...onde as castañas estaban moi ricas pero os amigos eran o importante.




Amigos - Kizoa Movie Maker

14 de decembro de 2015

Chocolatada Solidaria

 


 Ola familias!
           Convidámosvos a asistires a chocolatada solidaria que organiza o ANPA xunto co colexio o venres 18 a partires das 13:00h, despois da visita dos reis magos.

Se podedes traer un xoguete en bo estado para repartires entre os nenos máis necesitados do noso concello.

           Mentres degustades do chocolate os nenos do colexio amenizarannos con dúas panxoliñas que estiveron ensaiando para desexarnos un bo nadal. Por esta razón, pedímosvos que traian gorro, lubas e bufanda para actuación. 
       
           Aproveitamos a ocasión para agradecervos, dende o ANPA, a vosa colaboración e desexarvos un BO NADAL E FELIZ ANINOVO


10 de decembro de 2015

Carapuchiña Vermella no auditorio de Cangas 22 Decembro

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da avoa para que lle leve unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.
Polo camiño atopará amigos, aventuras con árbores bailarinas, cancións… e  incluso un lobo que fará das súas para intentar papala.
A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro: Carapuchiña Vermella.
CARAPUCHIÑA VERMELLA. O MUSICAL

Programación Cultural do Nadal

...e cantas cousiñas podemos facer nestas datas...mirade o que nos propón a Asociación de veciños de Tirán.







































E dende o concello nos propoñen tamén estas actividades

8 de decembro de 2015

Por catro esquiniñas de nada

Encántame este conto...e a miña filla tamén...co fácil que é abrir unha porta!!!








22 de novembro de 2015

Para poñerse a pensar...

 Mirando estes videos me plantexo que tipo de educación lles estamos a dar os nosos fillos....