17 de xuño de 2014

 


https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSD5mszCEBK-brUEC27ZKgnMy4Vb2JLzXmcV0-wrFcOCPVkj7-Wywprogramación FIN DE CURSO

C.E.I.P PLURILINGÜE DE TIRÁN  e  a A.N.P.A. MADREBOA, convida ás familias a celebrar xuntos o día de fin de curso, o obxectivo é compartir unha xornada festiva e divertida. A programación que temos preparada para todos é a seguinte:

11h-14.30 Festival Fin de Curso
Actuacións preparadas por cada curso, actuacións das extraescolares e graduación de 6º.

14.30-16.00 h XANTAR COMUNIDADE EDUCATIVA
Organizamos un Xantar festivo e de convivencia, familias, mestres e traballadores do cole, no que cada un achega algo de comer tipo pincho (tortilla, croquetas, etc.) e todos compartimos.

A partir das 16.00 h Festa Escolar
Actuación da “Cé Orquestra Pantasma” e un inchable para os nenos.

E… 
0 DÍA 6 DE XULLO XANTAR E TARDE LÚDICA NA XUNQUEIRA
Como o pasado ano, a ANPA instalará unha gran mesa e sillas para todos, polo que o único que teredes que levar,  é a comida e as ganas de pasalo ben.

Animádevos!!!!  gustaríanos que as familias participen e disfruten das actividades organizadas.

A ANPA, creará unha páxina de Facebook “ANPA MADREBOA” para seguir en contacto e organizar actividades durante as vacacións.




Ningún comentario:

Publicar un comentario