Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da avoa para que lle leve unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.
Polo camiño atopará amigos, aventuras con árbores bailarinas, cancións… e incluso un lobo que fará das súas para intentar papala.
A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro: Carapuchiña Vermella.

Ningún comentario:
Publicar un comentario