14 de decembro de 2015

Chocolatada Solidaria

 


 Ola familias!
           Convidámosvos a asistires a chocolatada solidaria que organiza o ANPA xunto co colexio o venres 18 a partires das 13:00h, despois da visita dos reis magos.

Se podedes traer un xoguete en bo estado para repartires entre os nenos máis necesitados do noso concello.

           Mentres degustades do chocolate os nenos do colexio amenizarannos con dúas panxoliñas que estiveron ensaiando para desexarnos un bo nadal. Por esta razón, pedímosvos que traian gorro, lubas e bufanda para actuación. 
       
           Aproveitamos a ocasión para agradecervos, dende o ANPA, a vosa colaboración e desexarvos un BO NADAL E FELIZ ANINOVO


Ningún comentario:

Publicar un comentario