25 de outubro de 2013

Ludoteca de Moaña: O MUNDO DAS MEIGAS

A vindeira semana coincide coa celebración do popular SAMAÍN que tanto lles gusta aos nenos e nenas. Pero é un tema que tamén lles causa sensacións e emocións contrapostas, pois senten á vez medo e risa, diversión e intriga... Por iso, co nome de O MUNDO DAS MEIGAS, realizaremos actividades terroríficamente divertidas:

- Luns 28: DECORACIÓN FANTASMAL (decoración da ludoteca con motivos de medo típicos do Samaín).

- Martes 29: CAIXIÑA ATRAPAMEDOS (elaboración dunha caixiña onde gardar os nosos medos e facer así que desaparezan).

- Mércores 30: LAPICEIROS TERRORÍFICOS (elaboración de lapiceiros con motivos de Samaín). 

- Xoves 31: FESTA DO SAMAÍN (festa con merenda, música, disfraces, maquillaxe. Hai que traer da casa un plátano ou unha mandarina para a elaboración dunha merenda divertida e distinta). 

- Venres 1: PECHADO. FESTIVO NACIONAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario