Desde a Anpa Madreboa queremos despedir con todo o cariño do mundo aos nenos e nenas do curso de 6º de primaria do cole de Tirán.
Rematan unha etapa preciosa, pero unha nova moi interesante e divertida se abre paso, así que non esteades tristes porque o "insti" vaivos gustar moito e ides pasalo xenial!!
Como cada ano, desde a anpa dámoslle un pequeno agasallo, como recordo desta etapa de primaria, tan importante na infancia e que lembrarán toda a vida.
Este ano foi unha mochila e unha taza, con frases motivadoras, para que collan ánimos e forzas para a educación secundaria. A por todas campións e campioas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario