3 de xuño de 2024

Grazas a todos e todas por vir e facer do cross de Tirán un evento deportivo de nivel!!

 Pasado o día, desde a Anpa Madreboa non podemos máis que agradecer aos centos de persoas que viñestes onte ao noso cross. Foi moi difícil e moi duro poder organizar un evento que reúne a case 600 participantes, con todo o traballo que implica, pero estamos moi contentos e contentas  co resultado obtido, xa que foi unha xornada deportiva, familiar e chea de ilusión, sobre todo nos máis pequenos e pequenas. 

Grazas ao equipo de goberno municipal: Leticia Santos (alcaldesa), Jorge Parcero (Facenda) e Dolo Chapela (Ensino) por viren á entrega de premios.


Grazas a todos os colaboradores, grandes e pequenos, que reúnen forzas e esforzo para axudarnos e facer este cross posible. Grazas tamén á Asociación Veciñal de Tirán e, por suposto, ao noso cole e ao seu director Felipe, sempre disposto a ceder instalacións e o que faga falta!  

Por último, e moi importante, grazas a Crossfit La Bodega pola megafonía e o aparcamento para o cross. Sodes un máis na familia da Anpa Madreboa, querémosvos!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario