18 de setembro de 2024

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CURSO 24/25 - CEIP TIRÁN

 Familias do cole de Tirán, deixamos info sobre as actividades extraescolares, por se queredes ver un chisco máis en que consisten. Adxuntamos tamén o papel das actividades e da cota de socio/a por se o queredes descargar. 

Comezamos un novo curso e, coma sempre, a ANPA Madreboa está a xestionar actividades e eventos que enriquecen a vida dos e das peques do cole. 

 

Asóciate, é moi importante.

 

Club de Lectura Manga:

Creatividade, Socialización, Promoción da lectura. Fomenta o interese pola
cultura xaponesa.

Aquí poderás intercambiar opinións, descubrir novos títulos, participar
en debates e actividades temáticas e atopar amig@s con intereses semellantes.

Recuncho Científico:

A finalidade desta actividade é acercar os nenos/as á ciencia; mediante experimentos
e traballo de ensaio e erro. Promovendo a investigación e as curiosidades da ciencia. 

Balonmán:

 

O Balonmán é un dos deportes máis interesantes e efectivos para o
benestar físico e a saúde.O adestramento deste deporte deriva na mellora
cardiovascular, fortalecer os músculos e aumentar a flexibilidade.

Linguaxe de signos.

 

A Linguaxe de signos permite unha nova forma de comunicarse de forma eficaz
mentres aprenden a perfeccionar os sons orais.

É fundamental para mellorar a inclusión das persoas xordas na sociedade.

Baile galego

Ademais da súa importancia cultural, o baile galego tamén ofrece beneficios
físicos. Os movementos rítmicos e coordinados axudan a desenvolver a
coordinación motora dos nenos, mellorando o equilibrio, axilidades e control
corporal.

Tricking

A práctica do Tricking implica coordinación de diferentes partes do corpo en
movementos complexos, o que pode mellorar a coordinación e o equilibrio.
Dominarás novos movementos e acrobacias que aumentarán a túa autoestima e
confianza.

Canto e Pandeireta

Desenvolverase o ritmo e a musicalidade a través das cancións. Os nenos e
nenas mellorarán a súa fala e o significado das palabras, expresarán emocións nas
súas letras, desenvolverán habilidades auditivas e musicais...

 

Ecoarte

Desenvolverán diferentes técnicas de arte: música, pintura debuxo, cerámica entre
outras manualidades e manualidades ecolóxicas. Utilizaremos material reciclado para
promover o respecto e a concienciación da natureza e o medio ambiente. 

Fútbol

O fútbol ensina a adquirir habilidades físicas e axuda a ter un correcto
desenvolvemento e a potenciar as capacidades en todos os aspectos da vida.

Animación á lectura:

Ler é unha actividade que axuda a madurar neurlóxicamente e desenvolve habilidades
lingüísticas, sociais e emocionais.

Loita (Jiu jit su)

O Jiu Jit Su ofrece un adestramento cardiovascular divertido e exixente para os nenos
e nenas, que lles encantará practicalo. Básease na protección e no respecto, valores
moi importantes.

Cociña

A cociña axuda ao desenvolvemento de habilidades importantes como o pensamento lóxico,
a coordinación e a creatividade. Tamén descubrirán novos ingredientes, sabores e
culturas culinarias.

Xogos Dinámicos:

Os nenos divertiranse cos diferentes xogos lóxicos, dinámicos, contacontos (feitos
polos nenos/as do vocabulario que eles escollan. A finalidade desta actividade é
traballar a imaxinación, a creatividade e o adestramento de procesos mentais, sempre a
través dos xogos. 

Patinaxe

A práctica da patinaxe mellora a coordinación, equilibrio e a concentración.

Música

A música axuda a xestionar as emocións e brinda un medio perfecto de expresión de
calquera sentimento.

Gaita e percusión

Os nenos e nenas aprenderán a tocar instrumentos tradicionais galegos. Aprender a
tocar un instrumento axuda a potenciar o oído musical e a aprender sobre o ritmo e
a melodía.

Inglés Divertido (Fun English)

As nenas e nenos aprenderán inglés dunha maneira lúdica e participativa. Nesta actividade adentrarémonos nun mundo cheo de xogos, cancións e actividades interactivas e cooperativas, que nos permitirán mergullarnos no idioma dunha maneira divertida e motivadora.

Baile Moderno:

Con esta actividade preténdese fomentar unha primeira aproximación ao baile cun
ambiente divertido e creativo, onde os nenos e nenas realizarán un traballo progresivo,
sendo así capaces de coñecer o seu propio corpo e as súas posibilidades de movemento.

Xadrez

O xadrez favorece o desenvolvemento da capacidade intelectual, da memoria, ao ter que
reter as xogadas e movementos a curto prazo, elevando a capacidade de atención e
concentración e a disciplina.

Música e Movemento

A música e o movemento mellora a psicomotricidade grosa, a coordinación e o equilibrio.
Axuda aos nenos e nenas de forma creativa a desenvolver a confianza en si mesmos e
autoestima. Favorecen o desenvolvemento físico, social, emocional e cognitivo.

Taekwondo

Esta actividade axudará aos nenos e nenas a mellorar a súa coordinación, equilibrio,
flexibilidades e estado físico en xeral, ao mesmo tempo que lles ensina habilidades
de autodefensa. Promove a concentración e confianza, ademais de axudar a desenvolver
un forte sentido de disciplina e determinación.

Baloncesto

O Baloncesto axuda a aumentar a resistencia, a axilidade e a rapidez. Tamén unha maior
concentración e unha rapidez nos reflexos. 

Manualidades

As manualidades potencian a creatividade, concentración e aumenta a psicomotricidade
fina e a paciencia. Os nenos e nenas poderán expresarse e mostrar o mundo tal e como
eles o ven.

 

FICHA DE INSCRICIÓN DAS ACTIVIDADES E A COTA DE SOCIO/A:

 



 

 




 



 



Ningún comentario:

Publicar un comentario