7 de setembro de 2026

Plan madruga 26/27

 

Benvidas e benvidos a un novo curso escolar!

Dende a ANPA Madreboa do CEIP Plurilingüe Tirán poñemos a disposición de todas as familias o Plan Madruga para o curso 2026/2027. Este servizo está pensado para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, ofrecendo un espazo seguro, acolledor e divertido para os máis pequenos antes do inicio da xornada escolar.


Que ofrece o Plan Madruga?

O Plan Madruga garante o coidado e atención do alumnado dende primeira hora da mañá. Entre os seus servizos e beneficios destacan:

  • 🥣 Almorzo saudable: Para comezar o día con enerxía e bos hábitos alimentarios.

  • 🧩 Actividades lúdicas e convivencia: Xogos, lectura e tempo de lecer compartido con compañeiros/as antes de entrar á aula.

  • Horario amplo e flexible: Atención dende as 7:30 h da mañá. Ou dende as 7:00h previa solicitude.

Como inscribirse? Pasos a seguir

Inscribirse no Plan Madruga é moi sinxelo. Só tes que seguir estes tres pasos:

  1. Solicita a ficha: Podes pedila directamente á ANPA ou na Dirección do centro. Ou descargala directamente de aquí.

  2. Envía a documentación: Cumplimenta os datos e envía a ficha e a documentación correspondente por correo electrónico a federacionanpasarcodavella@gmail.com.

  3. Únete ao grupo de WhatsApp: Unha vez inscritos, accederedes ao grupo oficial para estar ao día de todos os avisos, novidades e incidencias.





Máis información e contacto

Se tedes calquera dúbida, consulta ou precisades máis detalles sobre o funcionamento do servizo, podedes contactar connosco directamente a través do noso correo electrónico:

📧 anpamadreboa@gmail.com

O Plan Madruga está xestionado por FEANPAS e A.S. Trebellos, e conta coa subvención do Concello de Moaña.


Documentacion para enviar por email:




Ningún comentario:

Publicar un comentario