8 de setembro de 2026

Calendario Escolar

 Estimadas familias:

Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2026/2027! 

Desexamos que comece cheo de ilusión, aprendizaxe e bos momentos para todo o alumnado, profesorado e familias do noso colexio.

Xa se atopa dispoñible o calendario escolar oficial para este curso. A continuación, resumímosvos as datas máis destacadas que debedes ter en conta para a planificación familiar:

Datas de inicio e fin de curso

  • Inicio das clases: Mércores, 9 de setembro de 2026.

  • Fin das clases: Luns, 21Xuño de 2027.

Vacacións e períodos festivos

  • Vacacións de Nadal: Do 22 de decembro de 2026 ao 7 de xaneiro de 2027 (ambos incluídos).

  • Entroido: 8, 9 e 10 de febreiro de 2027.

  • Semana Santa: Do 22 ao 29 de marzo de 2027 (ambos incluídos).

Festivos

  • Festivo local: Mércores, 11 de novembro de 2026 (San Martiño).

  • Festivo autonómico: Venres 19 de marzo 2027

Lembrade que podedes consultar e descargar as imaxes do calendario detallado na nosa última publicación de Instagram ou directamente ao final desta entrada.

Se tedes calquera dúbida ou precisades máis información, podedes contactar connosco a través do correo electrónico do ANPA ou nas nosas redes sociais.

Moito ánimo e feliz inicio de curso a todas e todos!

ANPA Madreboa







Ningún comentario:

Publicar un comentario